Aplicación móbil oficial da Xunta de Galicia que permite alertar sobre incendios forestais activos na Comunidade Autónoma. ALume facilita á cidadanía unha interface intuitiva e amigable, co fin de indicar a xeolocalización exacta dunha alarma de incendio forestal, en tempo real, sobre a propia foto aérea, de máxima resolución. Opcionalmente, permite incorporar, de forma rápida e sinxela, fotografías, notas de voz e observacións de interese. Dispón dun acceso, ao mesmo tempo, para contactar co teléfono 085, de aviso ante incendios forestais.