Esta aplicación permite a xestión dos operativos por parte das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da comunidade autónoma de Galicia.
Información que contén a app: información das agrupacións (datos xerais, membros, medios,...) e dos operativos nos que participan.
Accións que permite realizar: - Consultar os datos da agrupación dispoñibles no rexistro de agrupacións de voluntarios de protección civil de Galicia: medios que se utilizan, membros da agrupación... - Consultar información dos operativos nos que participa a agrupación e facilitar a súa organización e rexistro dos voluntarios que participan finalmente no operativo. - Módulo de xestión de avisos relacionados cos operativos. - Informar da dispoñibilidade dos voluntarios para a súa participación en operativos.