Xestiona a túa explotación agraria de maneira eficiente, mesmo sen conexión a internet, coa aplicación Xestión Explotacións Agrarias.
Aplicación deseñada para facilitar a creación e seguimento de actuacións nunha explotación agraria. Cun sistema GIS integrado, GPS e sincronización co sistema de "Xestión de explotacións agraria de Galicia" (XEAGA), poderase ter o control total das actividades no campo desde calquera lugar.
Características principais:
1. Creación de actuacións in situ sen conexión: Rexistra actuacións de diferentes tipos (Analítica, Pastoreo, Poda, Rega, Fertilización, Cuberta, Estado Fitosanitario, Labor, Estado Fenológico, Sementa Plantación, Esparexemento, Sega, Cultiva Vendima, Semente Tratada, Comercialización e Venda Directa, Tratamento Fitosanitario) directamente no campo mesmo sen acceso a internet. A información almacenarase no dispositivo e sincronizarase mediante a funcionalidade Sincronizar cando se recupere a conexión.
2. Sistema GIS para visualización no mapa dos elementos da explotación: O Sistema de Información Xeográfica (GIS) permite visualizar nun mapa interactivo os elementos da explotación tales como recintos, DGC, cultivos, unidades de produción e actuacións, facilitando a identificación das áreas onde se crearon ou se están executando actuacións, así como o detalle de cada un dos elementos. Esta ferramenta axuda a planificar e xestionar os recursos de maneira efectiva.
3. Autenticación de usuario: Cada usuario debe autenticar coa súa conta Chave365 para garantir a seguridade da información e o acceso personalizado ás actuacións. Poderá iniciar sesión como cidadán, permitindo un control individualizado sobre as explotacións agrarias.
4. Sincronización co sistema de Xestión de explotacións agraria de Galicia (XEAGA): Toda a información das actuacións pódese sincronizar con XEAGA cando haxa conexión a internet, permitindo continuar coa xestión das actuacións desde outros dispositivos.
5. Control do estado das actuacións: Permite un seguimento claro de todas as actuacións na explotación, xa sexa en estado Borrador, Finalizadas ou Pendentes de validación. A aplicación permite visualizar de maneira rápida o estado actual de cada actuación así como a información detallada.
6. Información meteorolóxica: Visualiza a información meteorolóxica en tempo real para que se poidan adaptar as actuacións segundo as condicións do clima. Esta funcionalidade é crucial para previr posibles afectacións nas actividades agrícolas como regas, ou aplicacións de produtos fertilizantes.
7. Historial e reportes de actuacións: Accede a un historial completo de todas as actuacións realizadas na explotación. Permite xerar reportes detallados por tipo de actuacións, estado ou data, para mellorar a planificación e a toma de decisións.
8. Funcionalidade sen conexión: Permite traballar sen interrupcións en zonas sen cobertura. A aplicación almacena localmente os datos e sincroniza cando se volva a ter acceso a internet, garantindo a continuidade das actividades.
9. Interface intuitiva e fácil de usar: A aplicación foi deseñada pensando na simplicidade de uso. A súa interface é clara e accesible, permitindo unha xestión rápida e efectiva, sen complicacións.
10. Compatibilidade con diversos tipos de explotacións: A aplicación adáptase a todo tipo de explotacións agrarias xa sexa grande ou pequena.
Xestión Explotacións Agrarias é a ferramenta esencial para calquera persoa dedicada á agricultura e/o gandería que desexe xestionar as súas actividades de maneira eficiente e sen depender da conexión a internet.
Mellora a planificación e controla todo o teu campo desde un só lugar.